Vaite Xa!


En maio do 2013 nacía a miña filla, deixei o casco de Arquitecto Técnico de lado e propúxenme envorcar de cheo na faceta de Ilustrador. Cursaba o Ciclo de Ilustración na Escola de Arte e Deseño Antón Faílde de Ourense pero quería profundar no Álbum Ilustrado, así foi como me decidín a realizar o “Taller da Á a Z”, impartido por Jorge Zentner, Rebeca Luciani e Mariona Cabassa, en Barcelona.
Asistín a maxistrais clases de Jorge Zentner quen me iluminou con frases como ” A vía é permitirnos vivir emocionalmente as experiencias”, “canto máis visualizamos menos necesitamos describir, se visualizamos sentímolo, describimos desde os sentimentos”, “eliminar pasaxes conflitivas afástanos da vida”; e unha última que me encantou “A suxestión abre e a adxectivación pecha a mente á imaxinación”.

Con estas premisas escribín a miña historia, non podía ser outra. Eu quería outra profesión, outra vida, tiña que separarme da miña muller e a miña filla recentemente nada, aínda que por pouco tempo, en busca dunha formación que pensaba importante, ilusión polo novo, baleiro polo que se deixa atrás, culpabilidade, tristeza, esperanza… A historia escribiuse soa antes de empezar.

Así naceu “Vaite Xa”, un proxecto persoal de Álbum ilustrado. Con Rebeca e Mariona desenvolvín o Storyboard de 16 ilustracións dobres.

O protagonista é Oso, podería ser calquera oso. A verdade é que hoxe en día podería ser calquera de nós, por iso non me preocupei especialmente en estudar ao personaxe, interesábame máis a atmosfera en cada pasaxe da historia que os trazos físicos de Oso. Nos planos de cada secuencia, no sentimento que quería transmitir. Para iso servinme das perspectivas e da cor, empregando os complementarios.

De Barcelona, tremendamente agradecido con Rebeca, Jorge e Mariona, vinme co Storyboard debaixo do brazo e con moita ilusión por comezar a materializar o proxecto.

Decidinme polo Acrílico, tiña que ser así, sentía que tiña que acabar un proxecto de principio a fin e con acrílico sería. E unha tras outra, as ilustracións foron conformando o que hoxe é unha realidade…o meu primeiro proxecto persoal.

 

En mayo del 2013 nacía mi hija, dejé el casco de Arquitecto Técnico de lado y me propuse volcar de lleno en la faceta de Ilustrador. Cursaba el Ciclo de Ilustración en la Escuela de Arte y Diseño Antón Faílde de Ourense pero quería profundizar en el Álbum Ilustrado, así fue como me decidí a realizar el “Taller de la A a la Z”, impartido por Jorge Zentner, Rebeca Luciani y Mariona Cabassa,  en Barcelona.

Asistí a magistrales clases de Jorge Zentner quien me iluminó con frases como ” La vía es permitirnos vivir emocionalmente las experiencias”, “cuanto más visualizamos menos necesitamos describir, si visualizamos lo sentimos, describimos desde los sentimientos”, “eliminar pasajes conflictivos nos aleja de la vida”; y una última que me encantó “La sugerencia abre y la adjetivación cierra la mente a la imaginación”.

Con estas premisas escribí mi historia, no podía ser otra. Yo quería otra profesión, otra vida, tenía que separarme de mi mujer y mi hija recién nacida, aunque por poco tiempo, en busca de una formación que pensaba importante, ilusión por lo nuevo, vacío por lo que se deja atrás, culpabilidad, tristeza, esperanza… La historia se había escrito sola antes de empezar.

Así nació “Vaite Xa”, un proyecto personal de Álbum ilustrado. Con Rebeca y Mariona  desarrollé el Storyboard de 16 ilustraciones dobles.

El protagonista es Oso, podría ser cualquier oso. La verdad es que hoy en día podría ser cualquiera de nosotros, por eso no me preocupé especialmente en estudiar al personaje, me interesaba más la atmósfera en cada pasaje de la historia que los rasgos físicos de Oso.  En los planos de cada secuencia, en el sentimiento que quería transmitir. Para ello me serví de las perspectivas y del color, empleando los complementarios.

De Barcelona, tremendamente agradecido con Rebeca, Jorge y Mariona, me vine con el Storyboard debajo del brazo y con mucha ilusión por comenzar a materializar el proyecto.

Me decidí por el Acrílico, tenía que ser así, sentía que tenía que acabar un proyecto de principio a fin y con acrílico sería. Y una tras otra, las ilustraciones fueron conformando lo que hoy es una realidad…mi primer proyecto personal.

 

Vaite xa!

vaite_xa_3


Deja un comentario