Todo o tempo do mundo


Todo o tempo do mundo

Premio Merlín de Literatura Infantil, 2016

Escritor: David Pérez

Edicións Xerais

Outubro 2016

Hoxe gustaríame contarvos que está a piques de chegar ás librarías un novo traballo. Desta vez para un Premio Merlín de Literatura Infantil, da man de Edicións Xerais.

Pero non vos vou falar de técnica, nin de rexistros, nin do proceso creativo. Pois ben sabedes máis ca min.Só agardo que desfrutedes do libro.

 

E tampouco vos vou escribir sobre o escritor, David Pérez, e a súa escrita. Eu non son quén.

Só vos vou contar que, coma lector, ao rematar de lelo sentín que eu xa escribira moito nel.

 

Sentinme con catro anos. E lembrei aquel fermoso ratiño que me trabou nun dedo xogando naquel caldeiro vermello, mentres os demais arrincaban as patacas.

E con 12 anos. Cando a vida pega tan forte no peito que durmir unha sesta é un despropósito. E sair correndo ata o regueiro onde collíamos Cágados e Rás. Onde se escoitaba aos Cabaliños do demo.

E os seráns infindos. E que chamaran por un para cear catro veces, ou dez. E ficar a cazar Grilos e Saltóns.

E cear e sair a coller Vagalumes e xogar a tirar o pano ao ceo para coller algún Morcego.

E, máis tarde, as guerras con piñas por conquistalo penedo no alto do outeiro.

E os carballos, os piñeiros, salgueiros e nogueiras. E as cereixas!

E pola mañá, cedo, andar a correr polos carreiros coa sulfatadora ás costas, coma tractores, coma cabalos…!

E lembreime das vides, da sulfata, da poda, da ata…

E dos merlos e do cantar do cuco.

E lembrei moitas máis cosas, vida. Pero calo para min.

Na memoria por sempre… meus Avós.

Hoy me gustaría contaros que está a punto de llegar a las librerías un nuevo trabajo. De esta vez para un Premio Merlín de Literatura Infantil, de la mano de Edicións Xerais.

Pero no os voy a hablar de técnica, ni de registros, ni del proceso creativo. Pues algunos bien sabéis más que yo.

Sólo espero que disfrutéis del libro.

Tampoco os voy a contar sobre el escritor, David Pérez, y su escritura. Yo no son quién.

Sólo os voy a contar que, como lector, al finalizar de leerlo sentí que yo ya había escrito mucho en él.

Me sentí con cuatro años. Y recordé aquel hermoso ratoncito que me mordió en un dedo jugando en aquel caldero rojo, mientras los demás arrancaban las patatas.

Y con 12 años. Cuando la vida pega tan fuerte en el pecho que dormir una siesta es un despropósito. Y salir corriendo hasta el arroyo donde cogíamos renacuajos y ranas. Donde se escuchaba a los Caballitos del demonio.

Y los atardeceres infinitos. Y que llamasen por uno a cenar cuatro veces, o diez. Y quedar a cazar Grillos y Saltamontes.

Y cenar y salir a coger Luciérnagas y jugar a tirar el paño al cielo para coger algún Murciélago.

Y, más tarde, las guerras con piñas por conquistar la roca en el alto de la colina.

Y los robles, los pinos, sauces y nogales. ¡Y las cerezas!

Y de mañana, temprano, andar a correr por los senderos con la “sulfatadora” a la espalda, como tractores…como caballos!

Y recordé las cepas, la “sulfata”, la “poda”, la “ata”.

Y de los mirlos, del cantar del cuco.

Y recordé muchas más cosas, vida. Pero callo para mí.

En la memoria por siempre… mis Abuelos.

 

cubertatexto

Todo o tempo do mundo.

Todo o tempo do Mundo

007


Deja un comentario