Amencín en Min.


Rematei o meu segundo proxecto persoal de álbum ilustrado.

Hoxe é festa!

E é que xa fixo un ano dende o inicio do proxecto.

Hai case un ano eu comezaba uns días de vacacións, e con tanto tempo libre comecei a repasar tanto vivido na miña experiencia como ilustrador.

Eran moitas as cousas que me facían sentir completamente feliz, pero sen ser do todo consciente, aos poucos todas aquelas frases, comentarios, consellos, artigos ou opinións que falaban do estilo coma a marca do autor, foron creando unha sombra bastante mesta no meu interior.

Sempre puxen en dúbida o argumento daqueles que defenden e promoven entre os ilustradores a procura dun estilo. Agora máis que nunca, pero como dicía, aos poucos funme mergullando nunha sombra de dúbidas.

Ata o punto de coñecer, tan cedo, o que se podería definir como unha “crise de estilo”

Que como saín dela? Amodo, pero sobre todo… volvendo ao traballo.

Así que aos poucos foi nacendo “Amencín en Min”

Cun texto un tanto lírico que no seu comezo di así:

 

O cuarto voltárase un cadaleito de sorrisos, frío.  Baleiro de sentido para min.  Amencer naquel espello mancaba.

Nada mais espertar souben que deixaría de ser quen eu era. Digo máis…xa non era eu.

A diaria travesía polo corredor convertérase nun tormento. Nun estrondo de opinións, agarimos gratuitos, descoñecidos testemuñas que decían saber quen era eu.

Pero o de aquelas fotos xa non eu era.

 

Un álbum ilustrado de 32 páxinas con ilustracións a dobre páxina, traballadas a grafito e con cor dixital.

He acabado mi segundo proyecto personal de álbum ilustrado.

¡Hoy es fiesta!

Y es que ya ha hecho un año desde el inicio del proyecto.

Hace casi un año yo comenzaba unos días de vacaciones, y con tanto tiempo libre comencé a repasar tanto vivido en mi corta experiencia como ilustrador.

Eran muchas las cosas que me hacían sentirme completamente feliz, pero sin ser del todo consciente, poco a poco todas aquellas frases, comentarios, consejos, artículos u opiniones que hablaban del estilo como marca de autor, fueron creando una sombra bastante densa en mi interior.

Siempre puse en duda el argumento de aquellos que defienden y promueven entre los ilustradores la búsqueda de un estilo. Ahora más que nunca, pero como decía, poco a poco me fui sumergiendo en una sombra de dudas.

Hasta el punto de conocer, tan pronto, lo que se podría definir como una “crisis de estilo”

¿Que cómo salí de ella? Despacio, pero sobre todo… volviendo al trabajo.

Así que poco a poco fue naciendo “Amanecí en Mí”

Y con un texto un tanto lírico que en su comienzo dice así:

 

La habitación se había convertido en un ataúd de sonrisas, fría.  Vacía de sentido para mí.  Amanecer en aquel espejo lastimaba.  

Nada mas despertar supe que dejaría de ser quien yo era. Digo más…aquel no era Yo.

 La diaria travesía por el pasillo se había convertido en un tormento.  Un estruendo de opiniones, cariños gratuitos, desconocidos testigos que decían saber quien yo era.

Pero el de aquellas fotos ya no era yo.

amencer

tormento

brisa

 

Un álbum que hoxe dou por terminado.

Hoxe é festa.

Hoxe, comeza unha nova etapa, e á vez un novo proxecto.

Esta vez dende a serenidade.

Un álbum que hoy doy por terminado.

Hoy es fiesta.

Hoy, comienza una nueva etapa, y a la vez un nuevo proyecto.

Esta vez desde la serenidad.

 


Deja un comentario